Pesdelán 

Que é Pesdelán?
Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Os espectáculos teñen unha duración aproximada de unha hora e están dirigidos a todolos públicos.
Algúns datos relevantes:
- Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos. 
- Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé. 
- Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante 
Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar. 
Para os máis atrevidos Pesdelán ofrece tamén obradoiros de baile.

Un pouco de historia: 
O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)... 

Espectáculos dispoñibles:






















 
 







           



CONTRATACIÓN:
SEISPES PRODUCIÓNS CREATIVAS
+34 682 410 689
info@seispes.com
www.seispes.com
Facebookhttp://www.seispes.com/mailto:info@seispes.comhttp://www.seispes.com/http://www.facebook.com/seispes%C2%A0shapeimage_1_link_0shapeimage_1_link_1shapeimage_1_link_2shapeimage_1_link_3
quen somosQuen_somos.html
CASTELLANOPesdelan_-_castellano.html
Para contactar con nos

Escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

Non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesa de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

MINI
Adultos / Infantil (a escoller)

O espectáculo Pesdelán Mini é a versión reducida de Pesdelán,  ideal para recintos pequenos ata un máximo de 100 persóas.
Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos aprendelos cómodamente.
Acompáñana varios músicos e músicas que interpretarán as melodías para podelas bailar. 
O tempo pasará sen darnos conta mentres gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
NA PUNTA DO PÉ
Adultos / Infantil (a escoller)
Na Punta do Pé é un espectáculo de Pesdelán cun obxectivo moi claro: que o público baile! Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. 
O tempo pasará sen darnos conta mentres gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile. 
O espectáculo Na punta do pé inclúe bailes e xogos do repertorio galego-portugués contidos no libro-disco do mesmo nombre.
Para os máis ambiciosos: este espectáculo pode incluir un obradoiro de baile antes do concerto (opcional).
Descargas:


Dossier                FotosPesdelan_-_galego_files/PESDELAN%20NA%20PUNTA%20DO%20PE%20GA.pdf
Descargas:


Dossier                FotosPesdelan_-_galego_files/PESDELAN%20MINI%20GA.pdf
PESDELÁN
CÓNTOCHE UN TRAXEContoche_un_Traxe_-_galego.html
MOENDO MUIÑEIRASMoendo_Muineiras_-_galego.html
TÓCATE LAS PALMASTocate_las_palmas_-_galego.html
KELIBÉNKeliben_-_galego.html