Moendo Muiñeiras 
Un proxecto de Xabier Iglesias coa dirección de Paloma Lugilde
Xénero: Teatro / danza / música
Duración: 60 minutos. 
Idade recomendada: de 9 anos en adiante. 

Moendo Muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao rtimo da zanfona e o violín.

Sinopse: 
Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas. Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.  

Equipo artístico: 
Uxía/Sofía : Montse Rivera
Xocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: Pablo Pintor Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz
Equipo técnico:
Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos Díaz
Música en directo: Pablo Pintor
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera Construción muíño: Jorge Illán
Deseño gráfico: Sabela Eiriz
Fotografía e Video: Bruno Máez
Dramaturxia, deseño espazos e dirección: Paloma Lugilde
Produción: Xabier Iglesias

Segue a Moendo Muiñeiras en Facebook
quen somosQuen_somos.html
Para contactar con nos

Escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

Non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesa de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)