Cóntoche un Traxe 
Con Montse Rivera
Xénero: charla / narración oral
Duración: 60 minutos. 
Idade recomendada: de 6 anos en adiante. 

Que é Cóntoche un Traxe?
Dunha maneira sinxela, orixinal, dinámica e amena faremos unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos tatara-tatara-avós. A narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materias cos que se fabricaban as teas; e tamén, o máis importante, manipularemos estas pezas de roupa, e catro asistentes, dous voluntarios e dúas voluntarias, acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara-avós. O resto dos asistentes a esta charla, para que poidan levar un recordo da mesma promovendo a solidariedad e a igualdade, xa que non todos se van poder vestir, poderanse sacar unha foto colocados tras un panel cunha imaxe masculina e unha feminina vestidas ó xeito tradicional.

Quen é Montse Rivera: 
Hai case 30 anos que comecei a interesarme polo mundo da tradición, foron moitos os pobos de Galicia que visitei, moitas as persoas coas que falei e ás que lles preguntei por como se divertían cando eran mozos, que cantaban, que bailaban, a que xogaban e como era a roupa que levaban. Teño un importante arquivo audiovisual con todos estes datos, e día a día sigo a estudar e transmitir o aprendido sobre o noso patrimonio cultural, tanto no referente á música, ó baile, ó canto e ó vestiario. Despois de traballar moitos anos en grupos de renome moi preocupados pola recuperación e evolución do vestiario tradidiconal como Leilía, Brincadeira, Cantigas e Agarimos... nos que me interesei moito en reproducir a maneira que tiñan de vestirse os noso devanceiros, propoño nestes momentos unha actividade para reflexionarmos sobre como nos vestiamos antes e como nos vestimos agora. Unha maneira de intentar que non se perda esta parte de nós que cada día vai quedando máis esquecida e só relegada a aquelas agrupacións folclóricas que buscan manter vivos aqueles traxes que se usaban antano.
quen somosQuen_somos.html
Para contactar con nos

Escríbenos ou chámanos a



+34 981 807 642 / +34 615 400 050

producions@merlobranco.com

Non temos oficinas, pero se pasas pola nosa casa invitámoste a un café


Travesa de Cacheiras 86 P6 3º C

15883 Teo, A Coruña (Spain)

Descargas:



                    Cartel                                    Dossier